Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 21 de setembro de 1999 Páx. 11.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e adxudicación por concurso, da obra que se cita.

Título do proxecto: RC-LU-99.12. Dobre tratamento superficial por tramos, limpeza de fochas e bueiros e reparación de fochas. LU-120. Camiño de Vilalba a Paxares.

Orzamento: 28.024.191 ptas.

Clasificación: Grupo G, subgrupo 6, categoría d.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o correspondente proxecto da obra que se relaciona e demais documentos de interese para os licitadores estarán á súa disposición na Delegación Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e

Vivenda, no edificio administrativo da Xunta de Galicia na Ronda da Muralla, 70-2º (Lugo).

Esixirase a fianza provisional do 2% salvo no disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As proposicións deberán dirixirse en sobres pechados ó rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ben persoalmente ou ben envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Reglamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado nin en festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, a apertura de proposicións, que será pública, realizarase na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ás once horas do quinto día que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

Os documentos que deben presenta-los licitadores son os que figuran no prego de cláusulas administrativas, a suficiencia económica deberá xustificarse de acordo co previsto no artigo 16 da Lei 13/1995 (Admón. Públicas). O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Lugo, 13 de setembro de 1999.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo