Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 21 de setembro de 1999 Páx. 11.463

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de setembro de 1999 pola que se acorda facer pública a convocatoria de axudas económicas para a realización de accións descentralizadas do Programa Sócrates: Comenius 3.2 Axudas para a formación do profesorado e persoal educativo.

O Programa Sócrates foi adoptado o 14 de marzo de 1995 (decisión nº 819/95/CE do Parlamento Europeo e do Consello da Unión Europea) e publicado no Diario Oficial de las Comunidades Europeas o día 20 de abril de 1995, co obxectivo de contribuír ó desenvolvemento dunha educación e formación de calidade e dun espacio europeo aberto á cooperación en materia de educación.

A Comisión Europea anuncia anualmente no Diario Oficial de las Comunidades Europeas as axudas concedidas no marco do Programa Sócrates. A Guía do Candidato, publicada pola Comisión Europea, contén a información sobre procedementos de solicitude, data límite de presentación de solicitudes e criterios que deberán ser considerados durante o proceso de selección.

Na decisión do Parlamento Europeo indícase que os Estados membros adoptarán as disposicións necesarias para garanti-la coordinación e organización a escala nacional da execución do programa, en particular, establecendo estructuras e mecanismos axei

tados no ámbito nacional. Neste sentido créase a Axencia Nacional Sócrates, para a coordinación e organización do programa no Estado español.

A Orde do 30 de decembro (BOE do 10 de xaneiro de 1997) establece as normas xerais ás que deben aterse as convocatorias específicas de axudas das accións descentralizadas do Programa Sócrates. No seu punto cuarto.1º establece que o Ministerio de Educación e Cultura e as Comunidades Autónomas en pleno exercicio das competencias educativas publicarán nos seus correspondentes diarios oficiais as convocatorias específicas de axudas.

A Axencia Nacional Sócrates, en nome da Comisión Europea, concederalles apoio financeiro ós profesores que as diferentes administracións educativas competentes seleccionasen por todo isto

DISPOÑO:

Primeiro.-Convocar axudas económicas para participar na acción do Programa Sócrates: Comenius 3.2. así como facer públicos os criterios de selección dela. En todo caso as axudas establécense con cargo ós contratos establecidos entre a Axencia Nacional Sócrates e a Comisión Europea, polas cantidades que resulten da aplicación da fórmula de reparto entre as distintas administracións en exercicio de plenas competencias educativas, que foi aprobada por Orde do 30 de decembro de 1996 (BOE do 10-1-1997) do Ministerio de Educación e Cultura.

Segundo.-As solicitudes deberán presentarse nos impresos para tal fin, que serán facilitados polos servicios provinciais de Inspección das delegacións provinciais, polos centros de formación continuada do profesorado e pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Os impresos de solicitude, así como outra información relacionada pode atoparse na páxina Web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: http://www.xunta.es/conselle/ceoug/dxoefp/seaxe.index-eu.htm. Deberán presentarse escritas nun dos idiomas oficiais da Unión Europea e por triplicado para cada acción.

Terceiro.-As solicitudes por triplicado, así como os anexos II e III, dirixiranse á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (San Lázaro 107, 15771 Santiago de Compostela) e presentaranse a través do rexistro xeral. Tamén poderán utilizarse para a presentación de solicitudes calquera das dependencias previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que optasen por presenta-la súa solicitude nunha oficina de correos, farano en sobre aberto para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

Cuarto.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria realizará a selección dos candidatos a través dunha comisión que valorará os méritos que os solicitantes puideran achegar de cara á xustificación dos seus obxectivos en cada curso.

Quinto.-A comisión estará formada polos seguintes membros:

Presidente: o subdirector xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos, ou persoa na que delegue.

Vocais: o xefe de Servicio de Educación de Adultos e Xestión Económica, o xefe do Servicio de Formación do Profesorado e un inspector educativo, ou persoas nas que deleguen.

Secretario/a: un/unha funcionario/a destinado na subdirección xeral.

Sexto.-Tendo en conta a proposta da Comisión, o director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional resolverá a convocatoria, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo.-Os interesados poderán recibir maior información nos servicios provinciais de Inspección das delegacións provinciais, nos centros de formación continuada do profesorado e na Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Oitavo.-O pagamento da axuda farase por parte da Axencia Nacional Sócrates, que enviará un contrato a cada un dos beneficiarios seleccionados.

Noveno.-Calquera alteración das condicións tidas en conta para a concesión de axudas, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Décimo.-Os beneficiarios estarán obrigados a:

1. Comunicar, se é o caso, a obtención de axudas para a mesma finalidade.

2. Someterse ás actuacións de control financeiro que correspondan e ás de comprobación que poidan efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia Nacional Sócrates e as instancias comunitarias competentes.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da documentación específica en cada convocatoria, da forma especificada no contrato.

Décimo primeiro.-Toda a xustificación pedagóxica das accións será enviada á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. San Lázaro, 107, 15771 Santiago de Compos

tela. A xustificación económica dirixirase á Axencia Nacional Sócrates. Bravo Murillo, 38, 28015 Madrid.

Décimo segundo.- A non xustificación da axuda percibida segundo o disposto nestas bases implicará o reintegro das cantidades non xustificadas e a esixencia dos xuros de demora, sen prexuízo das responsabilidades administrativas nas que poida incorrer de acordo co establecido nos artigos 81 e 82 da Lei xeral orzamentaria, na súa nova redacción dada pola Lei 31/1990, do 27 de decembro, nos que se regula a xestión e concesión de axudas e subvencións públicas financiadas en todo ou en parte, con fondos da Unión Europea.

Décimo terceiro.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Décimo cuarto.-Contra esta resolución e os actos que se deriven dela, os interesados poderán interpoñe-los recursos previstos na lexislación vixente.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Normas específicas

Comenius. Acción 3.2. Bolsas individuais de participación en actividades e cursos de formación continua europea.

No marco da Acción 3 do Programa Comenius, que promove a actualización e mellora das competencias do persoal educativo, a acción 3.2 está destinada a favorecer estadías do dito persoal noutro estado membro, para participar en seminarios realizados en común, dentro de proxectos transnacionais.

Esta acción ofrece bolsas para o persoal docente de ata 1.500 ECU co obxecto de cubrir parte dos custos de viaxe e estadía dos participantes que asistan ós seminarios e cursos de formación. O catálogo de cursos que se ofertan pode consultarse nas seguintes páxinas Web http//www.xunta.es/conselle/ceoug/dxoefp/seaxe/index-eu.htm e http://europa.eu.int/en/comm/dg22/socrates/comenius, así como nas delegacións provinciais e CEFOCOPs unha vez recibido na Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional. O importe total de axudas realizarase con cargo ós contratos establecidos entre a Axencia Nacional Sócrates e a Comisión Europea.

Os candidatos deberán pertencer a unha das categorías de persoal correspondente á actividade de formación específica: profesorado de educación infantil, primaria, secundaria, asesores técnicos pedagóxicos e inspectores educativos. Tamén deberán traballar nun

centro docente da Comunidade Autónoma. Terá preferencia o profesorado que estea participando nun proxecto educativo europeo.

O prazo de presentación de solicitudes e as datas de realización das actividades son os seguintes:

Convocatoria Data límite de presentación Período de realización Publicación do catálogo

de solicitudes

Primeira 15 de outubro de 1999 1-3-2000 a 31-12-2000 1 de setembro de 1999

Segunda 15 de maio do 2000 1-10-2000 a maio 2001 maio do 2000

Tódalas solicitudes serán baremadas de acordo co perfil definido en cada curso e atendendo os seguintes criterios:

Méritos

Total

puntos

máximo

Documentos

1. Méritos docentes:

1.1. Por cada ano de docencia 0,1 puntos.1Certificación de servicios segundo modelo anexo II e/ou certificado de servicios prestados no ensino privado.

1.2. Realización de proxectos de innovación ou de formación en centros docentes, todos eles relacionados co curso solicitado (ata 0,50 por curso e/ou proxecto).1Fotocopias compulsadas das certificacións acreditativas.

1.3. Ter realizado ou estar a realizar un Proxecto Europeo de Educación (Comenius 1 ou Lingua E).3Idem.

1.4. Ter coordinado ou estar a coordinar un Proxecto Europeo de Educación (Comenius 1 ou Lingua E).3Idem.

2. Actividades de formación permanente:

2.1. Dirección, docencia e/ou coordinación de actividades de formación para profesorado.2Fotocopias compulsadas das certificacións acreditativas.

2.2. Asistencia a cursos, seminarios, grupos estables de traballo e outras modalidades de formación relacionadas co tema do curso.2Fotocopias compulsadas das certificacións acreditativas.

3. Publicacións e investigación sobre o tema do curso.2Fotocopias compulsadas dos exemplares correspondentes.

4. Valoración da solicitude en relación coas prioridades establecidas na actividade.2Xustificación do presentado.

Xustificación da actividade:

a) O beneficiario enviará unha memoria xustificativa da actividade realizada, co grao de cumprimento dos obxectivos realizados. Así mesmo, enviará á Dirección Xeral unha lista dos centros escolares estranxeiros interesados en establecer contacto con centros galegos.

b) A xustificación económica realizarase directamente coa Axencia Nacional Sócrates, a través do envío dos documentos orixinais especificados no contrato financeiro.

ANEXO II

Datos bancarios

PROGRAMA E ACCIÓN:

NOME DO BANCO

NOME DA SUCURSAL

E DIRECCIÓN

CÓDIGO CONTA CLIENTE

(20 díxitos)

TITULAR DA CONTA