Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 21 de setembro de 1999 Páx. 11.463

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de setembro de 1999 pola que se autoriza o cambio de denominación de institutos de educación secundaria na provincia da Coruña.

Tendo en conta o artigo 3, punto 1º do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156, do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación dos centros que no anexo se relacionan.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Cambre.

Localidade: Sigrás.

Código do centro: 15026704.

Denominación: Instituto de educación secundaria número 1 de Cambre.

Nova denominación: Instituto de educación secundaria David Buján.

Provincia: A Coruña.

Concello: Outes.

Localidade: Serra de Outes A.

Código do centro: 15027976.

Denominación: Instituto de educación secundaria de Outes.

Nova denominación: Instituto de educación secundaria Poeta Añón.

Provincia: A Coruña.

Concello: Vimianzo.

Localidade: Vimianzo.

Código do centro: 15026418.

Denominación: Instituto de educación secundaria de Vimianzo.

Nova denominación: Instituto de educación secundaria Terra de Soneira.