Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 21 de setembro de 1999 Páx. 11.463

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 23 de agosto de 1999 da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se resolve o concurso público para a concesión de axudas para a realización de proxectos de investigación, de bolsas de predoutoramento e de prórrogas de bolsas para técnicos especialistas en especialidades agrarias, correspondentes ó Programa de Investigación Agraria do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico convocado nos anexos I, II, III e IV da Orde do 22 de abril de 1999.

Advertidos erros na Resolución do 23 de agosto de 1999 pola que se resolve o concurso público para a concesión de axudas para a realización de proxectos de investigación, de bolsas de predoutoramento e de prórrogas de bolsas para técnicos especialistas en especialidades agrarias, correspondentes ó Programa de Investigación Agraria do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico convocado nos anexos I, II, III e IV da Orde do 22 de abril de 1999 (DOG nº 166, do venres, 27 de agosto) cómpre facer as seguintes correccións:

No punto sétimo da dita resolución, última frase onde di: «A asignación farase pola mesma orde que figura no dito anexo V», debe dicir: «... pola orde da puntuación obtida como media final no dito anexo V».