Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 17 de setembro de 1999 Páx. 11.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador P-93/1999 e P-97/1999 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación de expediente sancionador por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó do publicación desta notificación, para formularen as alegacións, achegaren documentos ou probas que conveñan no seu dereito, advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 10 de agosto de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 93/1999.

Denunciado: José Saa González, enderezo: Santabaia-Cercios-Lalín.

Feitos denunciados: realiza-lo deporte da pesca, con cana, carecendo da preceptiva licencia de pesca flu

vial, no momento da denuncia non portaba ningunha captura. Feitos denunciados ás 17.30 horas do día 16 de maio de 1999 no río Arnego, lugar Carmoega, do concello de Agolada.

Data do acordo da incoación: 29-6-1999.

Precepto infrinxido: 34.1º da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca, e para o exercicio desta actividade durante un ano, debendo entregar, se é o caso, a licencia de pesca no servicio provincial de medio ambiente no prazo dun mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme.

Expediente: 97/1999.

Denunciado: José Martínez Justo, enderezo: r/ Nicaragua, 17.7º D Vigo.

Feitos denunciados: pescar desde enriba dunha presa, ás 19 horas do día 12 de maio de 1999, no río Tea, A freixa (presa), no concello de Ponteareas.

Data do acordo da incoación: 29-6-1999.

Precepto infrinxido: 34.7º da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca, e para o exercicio desta actividade durante un ano, debendo entregar, se é o caso, a licencia de pesca no servicio provincial de medio ambiente no prazo dun mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme.