Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 17 de setembro de 1999 Páx. 11.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia a contratación de servicios.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: realización dunha campaña promocional do consumo das especies capturadas pola flota pesqueira galega de cerco.

División por lotes e número: non existen lotes.

Ámbito de difusión: Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de execución: desde o día seguinte ó da sinatura do contrato ata como máximo o día 30 de decembro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e oito millóns oitocentas mil pesetas (38.800.000 ptas.) (233.192,70 euros).

5. Garantías.

Provisional: setecentas setenta e seis mil pesetas (776.000 ptas.) (4.663,85 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (rúa de Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela; Teléf. 981 54 63 04, fax nº 981 54 62 90; ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría D.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o día no que se cumpran vinteseis (26) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no Art. 100 do RXCE.

Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, ás 10 horas do día no que se cumpran seis (6) días hábiles contados a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 1999.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras Pesqueiras

e Mercados