A Comisión de Goberno do Consello de Contas, en sesión do día 14 de setembro do presente ano, acordou dispo-la apertura do procedemento de adxudicación dun contrato de asistencia consistente en traballos de colaboración na fiscalización do Concello de Pontevedra, co detalle que a seguir se relaciona:
1. Entidade adxudicadora:
a) Institución: Consello de Contas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición: traballos de colaboración na fiscalización do Concello de Pontevedra correspondente ó exercicio 1997.
b) División por lotes: non.
c) Prazo de execución: tres meses a partir da orde de inicio do traballo de campo.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 3.700.000 ptas., equivalentes a 22.237,45 euros.
5. Garantías:
Provisional: 74.000 ptas.
6. Obtención de documentación e información:
a) Institución: Consello de Contas de Galicia.
b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, 29.
c) Localidade e CP: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfono: 981 54 22 00.
e) Fax: 981 54 22 10.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros requisitos: estar inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite: décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio.
b) Documentación que hai que presentar: segundo o detalle recollido no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Consello de Contas, rúa Ramón Piñeiro, 29, 15771 Santiago de Compostela.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: mes e medio, contado desde a apertura de proposicións.
e) Admisión de variantes: non.
9. Apertura das ofertas:
No edificio sede do Consello de Contas, ás trece horas do sexto día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións ou primeiro día hábil seguinte de ser aquel sábado ou festivo.
10. Gastos do anuncio:
Por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 1999.
Carlos Otero Díaz
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia