Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 17 de setembro de 1999 Páx. 11.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1999 pola que se anuncia a licitación dun contrato de asistencia consistente en traballos de colaboración na fiscalización do Concello da Coruña.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas, en sesión do día 14 de setembro do presente ano, acordou dispo-la apertura do procedemento de adxudicación dun contrato de asistencia consistente en traballos de colaboración na fiscalización do Concello da Coruña, co detalle que a seguir se relaciona:

1. Entidade adxudicadora:

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: traballos de colaboración na fiscalización do Concello da Coruña correspondente ó exercicio 1997.

b) División por lotes: non.

c) Prazo de execución: tres meses a partir da orde de inicio do traballo de campo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 5.300.000 ptas., equivalentes a 31.853,64 euros.

5. Garantías:

Provisional: 106.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, 29.

c) Localidade e CP: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 22 00.

e) Fax: 981 54 22 10.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: estar inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite: décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o detalle recollido no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Consello de Contas, rúa Ramón Piñeiro, 29, 15771 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: mes e medio, contado desde a apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas:

No edificio sede do Consello de Contas, ás trece horas do sexto día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións ou primeiro día hábil seguinte de ser aquel sábado ou festivo.

10. Gastos do anuncio:

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 1999.

Carlos Otero Díaz

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia