Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 17 de setembro de 1999 Páx. 11.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1999 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación dunha consultoría e asistencia para a elaboración de dous modelos para reproduci-lo comportamento global do sistema socioeconómico de Galicia e para a previsión a curto prazo das variables fundamentais da economía galega.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de consultoría e asistencia, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica-Administrativa.

c) Nº de expediente: 640.0/01.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: elaboración de dous modelos para reproduci-lo comportamento global do sistema socioeconómico de Galicia e para a previsión a curto prazo das variables fundamentais da economía galega.

b) Prazo de execución: 13 meses e seguindo o calendario establecido no punto 4 do prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

-Importe total: 26.000.000 de pesetas (156.263,15 euros).

5. Garantía provisional: 520.000 pesetas (3.125,26 euros).

6. Obtención de documentación e información: poderán retirala no Negociado do Rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, nº 27, Santiago de Compostela. CP 15702. Tlf.: 981 54 13 21 e fax: 981 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro do IGE en horario de 9 a 14 h, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura das ofertas: o noveno día seguinte ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 h nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1999.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística