Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 17 de setembro de 1999 Páx. 11.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a subministración de cadeiras de rodas infantís (plurianual). (CP 70/1999).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das

atribucións que lle foron delegadas por Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de compentencias nos órganos centrais e periféficos do Servicio Galego de Saúde, artigo 7 letra i, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, numeros de teléfono, télex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. Planta terceira do Hotel de Pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Teléfono 981 17 80 73. Telefax 981 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se vai subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividade): subministración de cadeiras de rodas infantís.

Orzamento total: 58.500.000 ptas. (IVE incluído) ( 351.592,08 euros) (IVE incluído).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: o concurso repártese en 4 lotes, que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente:

Lote 1: cadeira infantil de empuxe stándar: 11.925.000 ptas. (71.670,69 euros).

Lote 2: cadeira infantil de empuxe posicionadora: 15.075.000 ptas. (90.602,57 euros).

Lote 3: cadeira infantil de gran discapacidade: 13.500.000 ptas. (81.136,63 euros).

Lote 4: cadeira infantil autopropulsable: 18.000.000 de ptas.(108.182,18 euros).

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións, calendario de entregas, e se é o caso, a partir dos 15 días seguintes á sinatura do contrato.

5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo, sito na 3ª planta do edificio anexo Hotel de Pacientes.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 7 de outubro de 1999.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 14 de outubro de 1999.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. Planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña.

c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. Planta baixa do Hotel de Pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, ás 10 horas do día 25 de outubro de 1999.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de licitación de cada lote. Definitiva do 4% do orzamento de licitación de cada lote.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicataria da contratación: unión temporal de empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver cláusula 7.1º do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato:

Oferta económica: 40%.

Calidade dos materiais: 30%.

Servicio da subministración (segundo os parámetros seguintes): 30%.

Proxecto de servicio no hospital: 9%.

Asistencia á adaptación: 9%.

Garantía dos materiais: 6%.

Prazo de entrega: 6%.

Total: 100%.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas, do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 24-10-1998.

17. Data de envío do anuncio: 8 de setembro de 1999.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reserva á OPOCE).

A Coruña, 2 de setembro de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña