Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 17 de setembro de 1999 Páx. 11.409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1999 pola que se anuncia concurso para a subministración de almanaques da Coruña ano 2000. (Ref. S99/100).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministración e Compras. b) Número de expediente: S99/100.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: almanaques da Coruña ano 2000. b) División por lotes e número: non. c) Lugar de entrega: véxase punto 1. d) Prazo de entrega: fixarano os licitadores na súa oferta, e non poderá ser superior ó 1 de decembro do ano en curso.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 4.800.000 ptas., IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) data: o quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo da licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración de almanaques da Coruña ano 2000.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 10 de setembro de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado