Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 16 de setembro de 1999 Páx. 11.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1999 pola que se aproba o plan eólico estratéxico presentado pola empresa Fergo Galicia, S.A. denominado PEE Fergo Galicia, S.A.

Examinado o expediente instruído por instancia de Fergo Galicia, S.A., con domicilio para efectos de notificacións en r/ Padre Feijóo, nº 5-1º, 15004 A Coruña, sobre aprobación do PEE Fergo Galicia, S.A., esta dirección xeral ten en conta os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data do 1 de febreiro de 1999, Emilio Fernández Gómez, en nome e representación de Fergo Galicia, S.A., solicitou a aprobación do plan eólico estratéxico denominado PEE Fergo Galicia, S.A., achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-A petición de aprobación do plan eólico estratéxico someteuse a información pública por Resolución do 11 de marzo de 1999, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

A citada resolución foi publicada no BOE o 10 de xullo de 1998, e no Diario Oficial de Galicia o 13 de xullo de 1998.

As características principais do PEE Fergo Galicia, S.A. que foron sometidas a información pública son:

NomeConcellosVértices

X-Lonx. W Y-latitude N

OribioSamos,

Triacastela

(Lugo)

648.000 4.728.000

648.000 4.732.000

643.000 4.732.000

641.500 4.730.000

644.000 4.727.000

NomeConcellosVértices

X-Lonx. W Y-latitude N

FaroChantada,

Carballedo (Lugo)*

Rodeiro

(Pontevedra)

589.750 4.725.135

592.950 4.725.135

590.750 4.714.500

587.250 4.716.000

NomeConcellosVértices

X-Lonx. W Y-latitude N

MondoñedoAbadín, Alfoz,

Mondoñedo,

Ourol e

O Valadouro

(Lugo)

619.500 4.825.000

627.000 4.825.000

627.000 4.821.000

633.000 4.818.250

633.000 4.809.000

626.400 4.809.000

626.400 4.808.800

626.000 4.808.500

626.000 4.810.750

623.900 4.813.100

626.000 4.813.100

623.850 4.819.200

616.800 4.824.900

Excluíndo a área delimitada polas seguintes coordenadas

(Interior á área solicitada)

Coordenada X Coordenada Y

626.000 4.813.150

629.800 4.813.800

631.150 4.812.600

630.200 4.811.850

626.900 4.811.700

NomeConcellosVértices

X-Lonx. W Y-latitude N

Veiga BoloA Veiga, Viana

do Bolo

(Ourense)

661.000 4.670.000

671.500 4.670.000

676.500 4.676.500

672.500 4.676.500

668.500 4.674.000

664.000 4.676.000

* Excluída a área en Castela e León.

NomeConcellosVértices

X-Lonx. W Y-latitude N

CaiónMalpica de

Bergantiños,

Carballo,

Arteixo, Laracha

(A Coruña)

520.000 4.794.000

524.000 4.790.000

533.500 4.784.500

540.000 4.792.500

540.000 4.798.500

532.000 4.798.500

532.000 4.793.750

Potencia eólica estimada das áreas que se van estudiar: 126 mW.

Total de hectáreas solicitadas: 31,238 ha.

A empresa Energías Ambientales, S.A. durante o prazo de información pública presentou solicitude en competencia.

Terceiro.-Os servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria emitiron informe no que avaliaban a viabilidade do plan nas diferentes áreas de estudio solicitadas, co fin de resolve-los diferentes plans estratéxicos en compentencia, seguindo os seguintes criterios de avaliación:

-Planificación enerxética.

-Estudio contrastado dos datos eólicos existentes.

-Viabilidade económica dos plans.

-Achega tecnolóxica e efectos industriais dos plans.

-Ambientais.

-Desenvolvemento de infraestructuras.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 54/1997, do 30 de decembro, do sector eléctrico, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Segundo.-Á vista dos plans presentados en competencia, o informe técnico realizado e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que se deben excluír certas áreas solicitadas, debido á adxudicación de determinadas zonas a outros promotores seguindo criterios de planificación e desenvolvemento das infraestructuras enerxéticas, e en consecuencia, que se debe conceder á empresa Fergo Galicia, S.A. autorización para prosegui-las investigacións nas áreas relacionadas no anexo I.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Aproba-lo plan eólico estratéxico PEE Fergo Galicia, S.A. referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, coa previsión de potencia de 36 mW.

A presente resolución comporta o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico vincula a Administración e a Fergo Galicia, S.A. sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exerce-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico outórgase de acordo coas seguintes condicións:

Primeira.-Fergo Galicia, S.A. realizará a investigación de 2 áreas, cun investimento total de 450 millóns de pesetas anuais por área.

Segunda.-Fergo Galicia, S.A. iniciará a execución do plan industrial no prazo de seis meses a partir da aprobación deste plan estratéxico, e deberao executar nas condicións sinaladas no anexo II da presente resolución, agás imposibilidades técnicas ou causa de forza maior debidamente xustificada.

En calquera momento poderá a Administración solicita-la documentación que estime pertinente para verifica-lo cumprimento do establecido neste punto.

Terceira.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución da presente aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por causas sobrevidas, non fose adecuado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico que será outorgada pola Dirección Xeral de Industria, ou ben,

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Cuarta.-Fergo Galicia, S.A. deberalle presentar un informe trimestral á Consellería de Industria que conterá os seguintes puntos:

-Datos eólicos obtidos nas áreas de investigación.

-Investimentos realizados e previstos.

-Operacións realizadas con empresas galegas.

-Emprego creado.

Quinta.-A empresa Fergo Galicia, S.A. participará na execución do plan industrial que teñan aprobados os tecnólogos seleccionados. En todo caso, a porcentaxe de compoñentes fabricados en Galicia será o comprometido polos tecnólogos. A selección dos tecnólogos deberá contar coa autorización da Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Fergo Galicia, S.A. poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación logo de autorización da Dirección Xeral de Industria, subrogándose o novo titular en tódalas

obrigas e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Sétima.-O presente plan eólico apróbase sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1999.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Relación de áreas aprobadas no plan eólico estratéxico

NomeConcellosVértices

X-Lonx. W Y-latitude N

OribioSamos,

Triacastela

(Lugo)

648.000 4.728.000

648.000 4.732.000

643.000 4.732.000

641.500 4.730.000

644.000 4.727.000

NomeConcellosVértices

X-Lonx. W Y-latitude N

MondoñedoAbadín, Alfoz,

Mondoñedo,

Ourol e

O Valadouro

(Lugo)

628.000 4.809.000

631.600 4.811.720

631.600 4.813.250

628.400 4.815.300

631.000 4.815.300

630.050 4.816.900

631.510 4.817.900

631.510 4.818.300

623.300 4.820.900

623.300 4.824.100

619.500 4.825.000

616.800 4.824.920

623.850 4.819.200

626.000 4.813.100

623.900 4.813.100

626.000 4.810.750

626.000 4.808.500

626.400 4.808.800

626.400 4.809.000

Excluíndo a área delimitada polas seguintes coordenadas

(Interior á área solicitada)

Coordenada X Coordenada Y

626.000 4.813.150

629.800 4.813.800

631.150 4.812.600

630.200 4.811.850

626.900 4.811.700

Potencia eólica estimada das áreas que se van estudiar: 36 mW.

Total de hectáreas aprobadas: 9069 ha.

ANEXO II

Documento de síntese

-Plan eólico estratéxico.

O plan eólico estratéxico terá unha duración de 6 anos e suporá un investimento global estimado de 5.400 millóns de pesetas.

-Plan de investigación eólica.

A empresa Fergo Galicia, S.A. realizará a investigación de 2 áreas e fará un investimento total de 52.500.000 pesetas, acadando un investimento medio de 4.375.000 ptas./ano área.

Co obxecto de coordina-los resultados da investigación co do resto de plans eólicos estratéxicos aprobados, a empresa Fergo Galicia, S.A. usará como entidade colaboradora para a investigación a empresa galega Gestenga.