Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 16 de setembro de 1999 Páx. 11.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de reelectrificación na Veiga, Raíño, Reximil e A Pesqueira (Xustás), concellos de Cospeito e Castro de Rei. (Expediente 027/1999 A.T.), e da declaración da súa utilidade pública.

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información

pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazo das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia.

c) Traza, datos básicos e situación:

-Liña de media tensión derivación ó C.T. da Veiga de 20 kV en conductor LA-56, de 54,6 mm de sección, sobre apoios de formigón ou torres metálicas, e illamento tipo U-40 nivel II, cunha lonxitude de 1.134 m. Con orixe no punto 10 da L.M.T. derivación ó C.T. de Casanova e remate no C.T. da Veiga.

-Centro de transformación aéreo intemperie da Veiga sobre apoios metálicos, relación de transformación 20.000/380-220 V, situado na Veiga cunha potencia de 160 kVA.

-Rede de baixa tensión na Veiga con orixe no C.T. da Veiga cunha lonxitude de 3.020 m.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das liñas de media tensión incluídas neste proxecto que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens o de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado titulo IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiacións forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse o proxecto de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo), e formular a el as reclamacións, por duplicado, que se coiden oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os

titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 9 de agosto de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Reelectrificación da Veiga, Raíño, Reximil e A Pesqueira (Xustás. Cospeito)

(L.M.T. ó C.T.I. da Veiga).

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados.

Largo da faixa de afección: 16 m (8 m a cada lado do eixo da liña).

Nº: 4.

Lugar: Tras do Prado Vello.

Parroquia: Xustás.

Cultivo: prado.

Propietario (Dn./Dª): José Rodríguez Anllo.

Enderezo: Alfonso Molina, 7-3º B. 15008 A Coruña.

Afección (superficie m): 2.720 m 1,28 m dos apoios números 1 e 2.