Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 16 de setembro de 1999 Páx. 11.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 98/197-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Moreiras.

Situación: Ortigueira.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56 de 130 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 10 da liña Mera-Bares (expediente 5365) e remate no C.T. de Rosario. Centro de transformación aéreo de Rosario, de 50 kVA e tensión de 20/0,380-0,220 kV. Rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 1.500 m.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 9 de agosto de 1999.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións