Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 16 de setembro de 1999 Páx. 11.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/300-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: variante L.M.T. vía rápida.

Situación: Sanxenxo.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 71 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, desde o apoio 2 proxectado da L.M.T. VLG802 Noalla ata o apoio 3 proxectado na mesma liña. L.M.T., aérea, a 20 kV, de 45 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 2 da L.M.T. VLG802 Noalla ata o apoio 1 proxectado da L.M.T. ó C.T. Casal. Concello de Sanxenxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 16 de xullo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra