Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 22 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación do acordo tomado polo delegado provincial, polo que se ordena a incoación do expediente sancionador 71.4/97, por presunta infracción da lexislación de costas, se nomean instructor e secretario desta, e se adoptan medidas provisionais.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo I, o acordo do delegado desta consellería en Pontevedra, polo que se ordena a incoación do expediente sancionador polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción da Lei

22/1988, de costas (no sucesivo LC), e do seu Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da LC, aprobada polo Real decreto 1471/1989, e modificado polor reais decretos 1112/1992 e 1771/1994 (en adiante RC); nomeándose instructor a Alfonso Fernández Fernández e secretario a Alfonso Santiago Domínguez, ámbolos dous funcionarios do Servicio de Conservación do Litoral desta delegación provincial (Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, modificado polo Decreto 122/1999, do 23 de abril), e se adoptan as medidas provisionais especificadas.

Os nomeamentos do instructor e secretario poderán ser impugnados polas causas establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

En virtude do anterior acordo, o instructor do expediente formulou prego de cargos, do que se relacionan no anexo II os preceptos infrinxidos, sancionadores e a posible contía da sanción polos feitos imputados, dispoñendo o expediente dun prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para formular alegacións e propoñer, se é o caso, a práctica daquelas probas que se considere pertinentes para a determinación dos feitos, tal como dispón o artigo 194.8º do RC.

Pontevedra, 22 de xullo de 1999.

José Luís Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO I

Expediente número: 71.4/97.

Denunciado/a: Mercedes Gándara Otero.

Condición: promotora.

Último enderezo coñecido: Camiño de Bouciña, nº 29, O Covelo-Samieira, Poio.

Data do acordo: 22-3-1999.

Feitos: levantamento de paredes, construcción dun ha placa de formigón e aprobeitamento baixo cuberta con aumento de volume, na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, carecendo da preceptiva autorización desta Comunidade Autónoma.

Lugar: Camiño de Bouciña, nº 29, O Covelo-Samieira.

Concello: Poio.

Circunstancias modificativas: se o presunto infractor corrixe no prazo de quince (15) días a situación creada polos feitos que son obxecto deste expediente, poderá reducirse ata a metade a contía da multa que puidese impoñerse, segundo os artigos 97.3º da LC e 187.1º do RC.

ANEXO II

Preceptos infrinxidos: artigos 25-1º a), 25.2º e 26.1º da LC e artigos 45.1º a), 46.1º e 48.1º do RC e DD.TT. cuarta 2 c) da LC e décimo terceira 1 c) do RC.

Preceptos sancionadores: artigo 90 c) da L.C. e artigo 174 c) do R.C.

Cualificación e contía da posible sanción: artigos 91.2º e) e 97.1º da LC e artigos 175.2º e) e 183 b) en relación co artigo 184 do RC, podendo recaer unha multa do 25% do valor das obras executadas.