Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 21 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador de referencia OU 131/98C (caza-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que nos anexos se mencionan, que nesta data resolvín publica-la proposta de resolución dos expedientes sancionadores por presuntas infraccións da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33 do 11 de xullo), por non ser posible a súa notificación.

O expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º, Ourense, e formula-las alegacións e achega-los documentos que considere convenientes na súa defensa.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiranse ó delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9).

Ourense, 21 de xullo de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 131/98 C.

Denunciado: Baldomero Vasallo González.

Último enderezo coñecido: Avda. de Zamora, 9-1º A, Ourense.

Feito probado: participar nunha batida sen responsable e sen relación de cazadores.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 57.28º da Lei de caza.

Sanción: 10.000 pesetas.