Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 22 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución recaída no expediente sancionador número 72.3/97, por infracción á lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de régimen jurídico de las administraciones públicas y del procedimiento administrativo común, notifícaselle a persoa que se relaciona no anexo, a resolución do delegado desta consellería en Pontevedra, recaída no expediente sancionador, polos feitos sinalados, constitutivos

dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, (en adiante LC) e ó seu Regulamento xeral para desenvolvemento e execución da LC, aprobado polo Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e modificado polos reais decretos 1112/1992, do 18 de setembro e 1771/1994, do 5 de agosto, (en adiante RC).

Contra a presente resolución pódese interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 22 de xullo de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 72.3/97.

Denunciado/a: Roberto Roupeiro López.

Condición: promotor.

Último enderezo coñecido: Tuimil-O Viso-Redondela.

Feitos sancionados: adecentamento dunha caseta existente, destinada a garda de apeiros de pesca, para uso habitacional, en la zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, carecendo da preceptiva autorización desta comunidade autónoma.

Lugar: praia de Cesantes.

Concello: Redondela.

Preceptos infrinxidos: Arts. 25.1º a), 25.2º e 26.1º da LC e Arts. 45.1º a), 46.1º e 48.1º do RC.

Preceptos sancionadores: Arts. 90 c), 91.2º e) e 97.1º b) da LC e Arts. 174 c), 175.2º e) e 183 b) do RC.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 61.474 ptas.

Medidas correctoras: ó abeiro dos artigos 95.1º da LC e 179.1º do RC, o infractor estará obrigado á restitución das cousas e reposición ó seu estado anterior, debendo realizalo no prazo dun mes desde que a resolución sexa definitiva en vía administrativa.