Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución do expediente por infracción da Lei de pesca fluvial OU 245/98P.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27), de

réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e máis do seu regulamento aprobado polo Decreto 30/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formular cantas alegacións estime pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiráselle ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9).

Ourense, 3 de agosto de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU 245/98P.

Denunciado: Alfonso Rodríguez González.

DNI: 34.921.059.

Último enderezo coñecido: r/ Hermanos Martínez Risco, nº 5, 1º D, Celanova (Ourense).

Feito probado: pescar sendo titular dunha licencia válida de pesca cando non se leve consigo.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.1º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: multa de 10.000 pesetas.