Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución, formulada polo instructor do expediente sancionador de incendios forestais que se cita, devolta polo servicio de correos. (Expediente IF-88/99).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, que con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción a Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e o seu Regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE do 13-2-1973), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 70.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 30 de xullo de 1999.

Javier Ruíz de Almiróns Schlung

Instructor

ANEXO

Expediente nº: IF-88/99.

Denunciado: José Manuel López Agrelo.

DNI: 34.264.225.

Último enderezo coñecido: San Pedro de Calde, nº 24, Lugo.

Feitos imputados: efectuar unha queima amoreada de mato, carecendo da preceptiva autorización de queima.

Precepto sancionador: Art.137 b) Regulamento incendios.

Calificación infracción: grave.

Sanción: 10.000 ptas.