De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto
482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.
Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López, e secretario a José Antonio García Blanco, funcionarios desta delegación provincial que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.
Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993; de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9).
Lugo, 21 de xullo de 1999.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
-Expediente: P-77/99.
Denunciado: Carlos Fernández Rodríguez.
DNI: 76.567.928-P.
Último enderezo coñecido: r/ Igualdade, nº 16-18-Atz, Hospitalet de Llobregat-Barcelona.
Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca con cana sen estar en posesión da preceptiva licencia. Feitos constatados o día 1-5-1999 no río Lamas-Cereixido. A Fonsagrada.
Precepto sancionador: 34.1º da Lei de pesca 7/1992.
Cualificación infracción: menos grave.
Sanción: 50.001 pesetas de multa.
Inhabilitación para practica-lo deporte da pesca e para obte-la licencia por período dun ano.