Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.151

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución que formula a instructora dos expedientes sancionadores P-209/98 e dous máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as propostas de resolución, dictadas pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, se están tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciado no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que considren convenientes.

Pontevedra, 15 de xullo de 1999.

Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-209/98.

Denunciado: Maximino García Míguez, enderezo r/ Salvatera, 1 Vigo.

DNI: 76.977.185.

Feitos denunciados: corta de vexetación de ribeira sen autorización (13 brotes de ameiros e 1 agromo de salgueiros), no río Pexegueiro, no lugar do Coto, Cesantes, do concello de Redondela. Feitos denunciados ás 11 horas do día 7 de setembro de 1998.

Data do acordo da incoación: 28-1-1999.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 8-6-1999.

Precepto infrinxido: 34.22º, da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34, da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca durante 1 ano.

Indemnización: 7.578 ptas.

Expediente: P-214/1998.

Denunciado: Juan José Rey Castro, enderezo Avda. Matosinhos, 11 Vilagarcía de Arousa.

DNI: 35.443.764.

Feitos denunciados: practica-lo deporte da pesca carecendo de licencia de pesca. Feitos denunciados ás 19.45 horas do día 16 de setembro de 1998,

no río Ulla, lugar de Bamio, do concello de Vilagarcía de Arousa.

Data do acordo da incoación: 18-12-1998.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data de proposta de resolución: 29-6-1999.

Precepto infrinxido: 34.1º, da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34, da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca durante 1 ano.

Expediente: P-53/1999.

Denunciado: José Eladio Álvarez Álvarez, enderezo O Paseo Matutino, Ponteareas.

DNI: 34.241.160.

Feitos denunciados: deposita-lo vehículo PO-5906-K, marca Renault 7 TL, cor verde en estado ruinoso de abandono na marxe dun río (a menos dun metro do leito), entorpecendo a servidume do paso en beneficio ou para uso dos pescadores. Feitos denunciados ás 13.30 horas do día 12 de abril de 1999 no río Xinzo, no lugar de Touredo, do concello de Ponteareas.

Data do acordo da incoación: 19-5-1998.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data de proposta de resolución: 22-6-1999.

Precepto infrinxido: 34.27º, da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34, da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca durante 1 ano.