Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.151

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente incoado por infracción á Lei de caza, C-86/98, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción á Lei 4/1997, de caza de Galicia, do 25 de xuño (DOG do 11 de xullo).

O pagamento voluntario poñerá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións consideren pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 21 de xullo de 1999.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente: C-86/98.

Denunciado: José Antonio Tella Seijas.

DNI: 33.331.872.

Enderezo: r/ Monforte, 16-3º Esq., Lugo.

Feito denunciado: levar medios para a caza (escopeta cargada cun cartucho na recámara e dous no depósito) nun vehículo marca Renault, modelo Megane, matrícula LU-5400-U en horas prohibidas (as 3 h da madrugada). Feitos constados o día 21-11-1998 na Pista Pastorizal da Meda, couto de caza LU-10.295. Castroverde.

Precepto sancionador: 58.1º da Lei 4/1997.

Sanción: 200.000 pesetas de multa.

Inhabilitación para practica-lo deporte da caza e para obte-la licencia por un período de dous anos.