Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de iniciación do expediente sancionador de caza que se cita, devolto polo servicio de correos. (Expediente C-94/98).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, as iniciacións dos correspondentes expedientes sancionadores por infracción á Lei 4/1997, de caza en Galicia, do 25 de xuño (DOG do 11 de xuño).

Noméase instructora do procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Mª Concepción Ameijide Rodríguez-Moldes, funcionarias da Xunta de Galicia. A resolución será acordada polo director xeral da Consellería de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 70, e presenta-las alegacións e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas

como instructora e secretaria en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

Lugo, 21 de xullo de 1999.

Luis Vázquez González

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente: C-94/98.

Denunciado: José Luis Juiz Gómez.

DNI: 34.248.300-N.

Enderezo: r/ Río Oribio, nº 2, Lugo.

Feitos imputados: practica-lo deporte da caza con escopeta en terreo sometido a réxime cinexético especial, sin estar en posesión da preceptivo permiso de couto. Feitos constatados o día 19-11-1998 no Monte de Portaxe, couto de Boín LU-10.014. Bóveda. Lugo.

Preceptos infrinxidos: 58.27º da Lei 4/1997.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 100.001 ptas.

Retirada da licencia de caza e inhabilitación para obte-la dun ano e un día.