De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.
Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López, e secretario a José Antonio García Blanco, funcionarios desta delegación provincial que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.
Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993; de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9).
Lugo, 21 de xullo de 1999.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
-Expediente: P-34/99.
Denunciado: Pedro Núñez Villar.
DNI: 10.028.458.
Último enderezo coñecido: Los Almendros nº 4, Ponferrada-León.
Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca con cana en época de veda, infrinxindo o disposto no anexo V da orde de vedas do 22 de febreiro de 1999 (DOG do 5 de marzo) polo que se establece que no río Neira se apraza o inicio da tempada da pesca ata o 1 de maio no lugar onde se encontraba o denunciado. Feitos constatados o día 26-3-1999 no río Neira. Penarrubia. Baralla.
Precepto sancionador: 34.8º da Lei de pesca 7/1992.
Cualificación infracción: menos grave.
Sanción: 61.001 pesetas de multa.
Retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obte-la dun ano.