Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a tramitación urxente do concurso público para a realización dun programa de ordenador e o mantemento de equipos informáticos.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o con

trato de servicios arriba indicado (e que, xunto coa restante documentación de interese para os licitadores, pode ser adquirido no servicio de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 44 00), faise público:

1. Obxecto:

A) A elaboración dun corrector ortográfico en soporte informático para a lingua galega.

B) A cesión á Xunta de Galicia dos dereitos de explotación do devandito corrector ortográfico durante o tempo de vixencia do corrector.

C) A posta á disposición, durante os anos 1999, 2000 e 2001, dun técnico que lle preste á Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia os seguintes servicios, en horario de mañá e tarde e no lugar que determine a dirección xeral:

a) Posta en funcionamento do corrector ortográfico mencionado no apartado A): instalación de diversos ordenadores, formación dos usuarios, solución de problemas, etc.

b) Traballos de desenvolvemento de aplicacións informáticas, en especial de lingüística computacional, que precise a dirección xeral.

2. Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso, polo trámite de urxencia.

3. Orzamento: 15.000.000 de ptas., IVE incluído.

4. Garantía provisional: 300.000 ptas.

5. Requisitos dos licitadores: os especificados nos puntos 7 e 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Proposicións: de acordo co que se especifica no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares, a documentación será presentada no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de 13 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Apertura das proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, ás 10 horas do terceiro día contado a partir do seguinte ó do prazo de presentación especificado no punto anterior.

8. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1999.

Manuel Regueiro Tenreiro

Director xeral de Política Lingüística