Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos de obra.

En cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlles publicidade ás adxudicacións que se identifican a continuación:

-Construcción de pavillón polideportivo no centro de ensino de Betanzos (A Coruña).

Adxudicatario: Imaga Proyectos y Construcciones, S.A.

Orzamento: 65.903.846 ptas.

-Construcción dun centro de ensino en Val do Dubra (A Coruña).

Adxudicatario: Dragados y Construcciones, S.A.

Orzamento: 227.020.468 ptas.

-Reparación varias no ximnasio e urbanización no CEIP Emilia Pardo Bazán en Coia-Vigo (Pontevedra).

Adxudicatario: deserto.

-Cuberta e reparación pista polideportiva no CEIP Enrique Barreiro Piñeiro en Sineiro - Vilariño - Cambados (Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Alea, S.L.

Orzamento: 23.643.601 ptas.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 1999.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria