Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación definitiva dun contrato de redacción de proxecto.

En cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, de 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlle publicidade á adxudicación que se identifica a continuación:

Redacción de proxecto do centro de ensino Ramón Otero Pedrayo en Ourense.

Adxudicatario: Antonio Piñeiro Conchado.

Orzamento: 3.157.924 pts.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 1999.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.