Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se inicia expediente de substitución de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iníciase expediente de unificación e substitución das concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indican:

* V-0552; XG-036, entre Ourense e A Peroxa,

* V-2637; XG-276, entre Ourense e Gueral, con anexos,

da titularidade da empresa Autos Gómez, S.L.

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Ourense (r/ Curros Enríquez, 1. Ent.), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes