Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7065; XG-439, Sarria-O Incio-Cabude, con anexos, por substitución e unificación das concesións V-0101; XG-004, entre Cruz do Incio-Sarria, con prolongación a Cabude, e V-2987; XG-324, entre Requeixo (Val de Lóuzara)-Samos con prolongación a Zoo.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante orde do 1 de xullo de 1999, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Transportes David Álvarez, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7065; XG-439, Sarria-O Incio-Cabude, con anexos, por substitución e unificación das concesións V-0101; XG-004, entre Cruz do Incio-Sarria, con prolongación a Cabude, e V-2987; XG-324, entre Requeixo

(Val de Lóuzara)-Samos con prolongación a Zoo, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* Sarria, empalme, Castroncán, Formigueiros, Mao, Reboiro, Sigueiros, O Incio, Montemeán e Cabude.

* Empalme, Vilachá, Gontán, Vilamelle, Brea, Coíñas, Samos, cruzamento Becerreá, Couso, Freixo, Padrón, San Cristovo, Paredes, Vilela e Requeixo.

* Brea, Roxofrei, San Fiz, Castro, Montán, Gosende e Zoo.

2. Prohibicións de tráfico.

* De e entre empalme e Sarria, puntos intermedios e viceversa.

* Do tramo Samos-cruzamento Becerreá, ambos puntos incluídos para o tramo empalme-Sarria e viceversa.

3. Expedicións.

Cabude-O Incio-Castroncán-Sarria (29,7 km).

* Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

Requeixo-Samos-Brea-Zoo-Brea-empalme-Sarria (49,9 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 11,22 pesetas.

-Tarifa usuario: 12,00 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,683 pesetas.

Contra o citado acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, computados, ambos prazos, a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produzca a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral Transportes