Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0417; XG-023, Monforte-Ferreira de Pantón-Escairón-Taboada, con anexos, por substitución da concesión V-0417; XG-023, entre Estación de Monforte e Taboada, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 28 de xuño de 1999, resolveu outorgar, con carácter definitivo, a Antonio Vila Parada, a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0417; XG-023, Monforte-Ferreira de Pantón-Escairón-Taboada, con anexos, por substitución da concesión V-0417; XG-023, entre Estación de Monforte e Taboada, con anexos, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* Monforte, Distriz, Mañente, Ferreira de Pantón, cruzamento Os Peares, Ferreiroá, Eiré, Santa Mariña, Nadal, Lamaquebrada, cruzamento Rendal, Escairón, Portela, Abuíme, Gorgozo, A Pena, Currelos, Segán, Susavila, Friamonde, Tuiriz e Taboada.

* Monforte, Campo Devesa, mercado Gando, Portela, Baamorto, Fiolleda, Ousende, Aiazo, Broza, Estromil, Forcados, cruzamento Forcados e Currelos.

* Currelos, Chave, Marzán e Teibel.

* Aiazo, Rebordondiego, Agra, Castro de Rei e Foilebar.

* Cruzamento Forcados, cruzamento Valdeurraca, Valdeurraca, Orxaínza e Agra.

* Cruzamento Valdeurraca e Forcados.

* Fiolleda, Pol e Cinsa.

* Baamorto, Pallares, Vilamaior, Marexe, San Martiño, Chao de Fabeiro e Portela.

* Cruzamento Avide, Avide, Moreda, Reguengo, Xesteira, Galegos, Barxa, cruzamento Rendal e Fión.

* Monforte, N-120 e Ferreira de Pantón.

* Escairón, Tuiriz, cruzamento Avide e Monforte.

2. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Escairón e Monforte por Tuiriz, puntos intermedios e viceversa.

* O itinerario entre Ferreira de Pantón e Monforte pola estrada N-120 realizarase a porta pechada sen paradas intermedias.

3. Expedicións.

Taboada-Currelos-Escairón-Tuiriz-Monforte (37,5 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Escairón-Santa Mariña-Ferreira de Pantón-Mañente-Monforte (25 km).

* Tres expedicións de ida e catro de volta de luns a venres laborables.

Teibel-Currelos-cruzamento Forcados-cruzamento Valdeurraca-Agra-cruzamento Valdeurraca-Forcados-Aiazo-Fiolleda-Cinsa-Fiolleda-Baamorto-Chao de Fabeiro-Portela-Monforte (55,5 km).

* Unha expedición de ida e dúas de volta de luns a venres laborables.

Cinsa-Fiolleda-Baamarto-Portela-Monforte (10,8 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres lectivos.

Foilebar-Agra-Rebordondiego-Aiazo (13 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables enlazando co servicio Teibel-Monforte.

Fión-cruzamento Rendal-Xesteira-Monforte (15,4 km).

* Unha expedición de ida e dúas de volta de luns a venres laborables.

Ferreira de Pantón-N-120-Monforte (13 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Monforte-Mercado de gando (2 km).

* Dezasete expedicións de ida e volta os días 6, 16, 24 e 30 de cada mes.

Teibel-Currelos-cruzamento Forcados-cruzamento Valdeurraca-Agra-cruzamento Valdeurraca-Forcados-Broza-Forcados-Currelos-Escairón (46 km).

* Unha expedición de ida e volta o día 8 de cada mes.

Teibel-Currelos (7 km).

* Unha expedición de ida e volta o día 26 de cada mes.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 10,92 pesetas.

-Tarifa usuario: 11,6844 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,638 pesetas.

Contra o citado acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, computados, ambos prazos, a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral Transportes