Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-3367; XG-373, Padrón-Lampai-Xuane, con anexos por substitución da concesión V-3367; XG-373, entre Lampai e Padrón.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 28 de xuño de 1999, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á Empresa Sánchez, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V- 3367; XG- 373, Padrón - Lampai- Xuane, con anexos por substitución da concesión V-3367; XG-373, entre Lampai e Padrón, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* Padrón, Pazos, Pedroso sur, cruzamento Lampai, Lampai, Silva, Cruxeiras de Arriba, Cruxeiras de Abaixo, Sobrerribas, A Igrexa e Xuane.

* Cruzamento Lampai, Grela, Regoufe, Espasande, Loureiro e Grela.

* Pedroso sur, Pedroso norte, Queiruga, Loureirón/N-550 e Pazos.

2. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Loureiro (N-550) e Padrón, puntos intermedios e viceversa.

3. Expedicións.

Xuane-Lampai-cruzamento Lampai-Grela-cruzamento Lampai-Pedroso sur-Pazos-Padrón (13,8 km).

* Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de volta os días laborables durante o período lectivo.

Xuane-Lampai-cruzamento Lampai-Grela-Loureiro-Espasande-Regoufe-Grela-cruzamento Lampai-Pedroso sur-Pedroso norte-Loureiro (N-550)-Pazos-Padrón (24,2 km).

* Unha expedición de ida os domingos.

Padrón-Pazos-Pedroso sur-cruzamento Lampai-Grela-Loureiro-Espasande-Grela-cruzamento Lampai-Lampai-Lampai-Xuane (21,6 km).

* Unha expedición de ida os domingos.

Padrón-Pazos-Loureiro (N-550)-Pedroso norte-Pedroso sur-cruzamento Lampai-Grela-cruzamento Lampai-Lampai-Cruxeiras de Arriba (13,6 km).

* Unha expedición de ida os domingos.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 10,24 pesetas.

-Tarifa usuario: 10,96 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,536 pesetas.

Contra o citado acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses, computados, ambos prazos, a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produzca a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral Transportes