Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 09 de setembro de 1999 Páx. 11.085

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de agosto de 1999 pola que se autoriza definitivamente o centro privado Montegrande da Coruña para impartir educación secundaria obrigatoria e ciclos formativos de grao superior.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Montegrande da Coruña, polo que se solicita autorización para poder impartir educación secundaria obrigatoria e ciclos formativos de grao superior de saúde ambiental, secretariado, administración de sistemas informáticos e integración social.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real

decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Real decreto 540/1995 (BOE do 10 de xuño), polo que se establece o título de técnico superior en saúde ambiental; Real decreto 1658/1994 (BOE do 30 de setembro), polo que se establece o título de técnico superior en secretariado, Real decreto 1660/1994 (BOE do 30 de setembro), polo que se establece o título de técnico superior en administración de sistemas informáticos, Real decreto 2061/1995 (BOE do 24-2-1996), polo que se establece o título de técnico superior en integración social, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de

1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Montegrande da Coruña para poder impartir 4 unidades de educación secundaria obrigatoria e os ciclos formativos de grao superior de secretariado, administración de sistemas informáticos, saúde ambiental e integración social. Os ciclos formativos de grao superior mencionados deberanse desenvolver en sesións de tarde-noite, tendo en conta que, as instalacións do dito centro, non reúnen os requisitos para a presencia simultánea da totalidade do alumnado.

Segundo.-O centro poderá seguir impartindo as ensinanzas de BUP e COU ata que se extingan, segundo o calendario de aplicación da Lei 1/1990, de ordenación xeral do sistema educativo.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia en dito centro.

Cuarto.-O centro que pola presente orde se autoriza deberá cumpri-la Norma Básica da Edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revi-

sión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: estrada da Zapateira, 33.

Código do centro: 15022000.

Denominación específica: Montegrande.

Titular: Matilde Fernández Vázquez.

Composición resultante:

Quenda: diurno.

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Quenda: tarde-noite.

1 ciclo formativo de grao superior de secretariado da familia profesional de administración (1 unidade para 30 alumnos).

1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos da familia profesional de informática (2 unidades, 30 alumnos/unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de saúde ambiental da familia profesional de sanidade (2 unidades, 30 alumnos/unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de integración social da familia profesional de servicios socioculturais e á comunidade. (1 unidade para 30 alumnos).