Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 06 de setembro de 1999 Páx. 10.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

AVISO do 20 de agosto de 1999, da Xefatura do Servicio de Estructuras Rurais da Coruña, polo que se anuncia a toma de posesión provisional de predios da zona de concentración parcelaria de Barazón (Santiso-A Coruña).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Barazón (Santiso-A Coru

ña) e non excedendo o número de recursos presentados e pendentes do seis por cento dos titulares das explotacións, nin representando os reclamantes máis do dez por cento da superficie concentrada, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, resolveu dar posesión provisoria dos novos predios. A citada toma de posesión é obrigatoria para tódolos interesados e enténdense, sen prexuízo das retificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen (artigo 44 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985).

Os interesados poderán reclamar ante esta Xefatura de Estructuras Rurais (edificio administrativo, praza Luis Seoane, s/n, 15008-A Coruña) xuntando dictame pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración, dentro dos trinta días seguintes ó da última publicación do presente aviso que se fará nos lugares habituais da parroquia (artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985).

Para os oportunos efectos establécense os seguintes prazos de toma de posesión:

a) Labrantío sen colleita pendente, prados e pastos, o día seguinte ó da publicación deste aviso.

b) Os restantes predios, no momento de seren retiradas as colleitas que estiveran pendentes de recolección no día antes citado.

c) En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre achegante e adxudicatario; en caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de aportación dentro dos tres meses seguintes ó da publicación do presente aviso, logo de petición á Xefatura de Servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e o informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente no caso de ser especies de ribeira. Transcorrido o referido prazo entendese que pertencen ó propietario do novo predio.

A Coruña, 20 de agosto de 1999.

P.A.

Ángel Hernaez Ruíz

Xefe de Servicio de Estructuras Rurais da Coruña