Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 06 de setembro de 1999 Páx. 10.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

No BOP da Coruña, nº 195 do 25 de agosto de 1999, publicouse o seguinte:

-Convocatoria para a provisión, polo procedemento de libre designación, dun posto de xefe de servicio da área de benestar.

-Convocatoria para a provisión, polo procedemento de libre designación, dun posto de coordinador de programación, documentación e comunicación.

O prazo de presentación de instancias será de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio das convocatorias no Boletín Oficial del Estado.

Despois da devandita publicación, os sucesivos anuncios relativos a cada convocatoria publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

O alcalde

P.D.

Rubricado