Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 06 de setembro de 1999 Páx. 10.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se convoca o levantamento de actas previas á ocupación de terreos afectados polo proxecto de instalacións da gasificación do noroeste: ramal a Curtis, nos termos municipais de Curtis, Mesía e Vilasantar.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria da Xunta de Galicia do 29 de abril de 1999, autorizouse o proxecto de instalacións da gasificación do noroeste: ramal a Curtis, que discorre polos termos municipais de Curtis, Mesía, Vilasantar, Abegondo e Cesuras. Declarada a utilidade pública e a urxente ocupación de conformidade co disposto nos artigos 103 e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, procede a iniciación do expediente expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, resolve convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no concello onde radican os predios afectados, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o precitado artigo 52, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procedera, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos e intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, e presenta-los documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución,

podéndose acompañar pola súa conta, dos seus peritos e un notario, se o coidan oportuno.

Para o levantamento de actas os afectados deberán presentarse o próximo día 17 de setembro de 1999 no Concello de Mesía, a partir das 9 horas, no Concello de Curtis, a partir das 11.30 no Concello de Vilasantar, a partir das 13.30 horas.

A orde de levantamento de actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación, figurando a relación de titulares convocados no taboleiro de edictos dos concellos sinalados.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos que determina o artigo

59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación da presente resolución ós titulares descoñecidos dos predios que se describen no anexo, así como daqueles que resultasen de titularidade descoñecida ou con enderezo ignorado da relación que se someteu ó trámite de información pública para o outorgamento da resolución da Dirección Xeral de Industria.

No expediente expropiatorio, Enagás, S.A. asumirá a condición de beneficiaria.

A Coruña, 16 de agosto de 1999.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

Convocatoria actas previas á ocupación

Proxecto: ramal a Curtis

Termo municipal: Mesía.

Predio nºTitular e domicilioCitación

DíaMesHora

C-ME-55Descoñecido17Setembro9
C-ME-87Descoñecido17Setembro9
C-ME-199José Manuel Sánchez Cendón. San Luis, 49-1º D, 15007 A Coruña.17Setembro9
C-ME-230Descoñecido17Setembro9

Termo municipal: Vilasantar.

Predio nºTitular e domicilioCitación

DíaMesHora

C-VI-7Descoñecido17Setembro13.30
C-VI-13Descoñecido17Setembro13.30
C-VI-15Descoñecido17Setembro13.30
C-VI-20Descoñecido17Setembro13.30
C-VI-13-PODescoñecido17Setembro13.30

Abreviaturas utilizadas:

EPC=estación protección catódica, LE=liña eléctrica, PO=posición.

Termo municipal: Curtis.

Predio nºTitular e domicilioCitación

DíaMesHora

C-CU-2Guillermo Rodríguez Enjamio, Ronda de Melide, 26,

15807 Vilasantar-A Coruña

17

Setembro

11.30

C-CU-30Descoñecido17Setembro11.30