Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 03 de setembro de 1999 Páx. 10.916

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (89/1998).

Eu, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, certifico:

Que nos autos que máis adiante se dirán recaeu sentencia que no encabezamento e decisión di:

Sentencia. En Ribeira 14 de xullo de mil novecentos noventa e nove, Ana López-Suevos Fraguela, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira dictou esta resolución nos autos de xuízo de faltas número 89/1998, seguidos por este xulgado, sendo denunciante o Ministerio Fiscal, ofendida e prexudicada Dolores Maneiro Mariño, e denunciado José Estévez Fontes.

Decido que debo absolver e absolvo a José Estévez Fontes dunha falta de lesións do artigo 617.1º CP que se lle imputa. As custas impóñense de oficio. Contra esta sentencia pode interpoñerse recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, por escrito e perante este xulgado. Ins

críbase no libro rexistro deste xulgado. Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a José Estévez Fontes, expido e asino o presente edicto.

Ribeira, dezaseis de xullo de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado