Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 03 de setembro de 1999 Páx. 10.915

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE PADRÓN

EDICTO (34/1999).

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción único de Padrón (A Coruña), fago saber:

Que no expediente que co número 34/1999 se segue neste xulgado, se dictou auto do 7 de xullo de 1999 polo que se declarou en suspensión de pagamentos e en situación de insolvencia provisional a entidade mercantil Almacenes Pardal, S.L., con domicilio en Padrón (A Coruña), lugar de Muíños, A Escravitude, con CIF-15078611, dedicada á compravenda de toda clase de artigos de droguería e os denominados de regalo, tales como porcelanas, vidro, xoiería de fantasía, pel, etc. e ó propio tempo

convocáronse os acredores á xunta xeral que terá lugar o vindeiro 15 de outubro de 1999 ás 11 horas na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa..., número..., facéndolles saber que poden concorrer persoalmente ou ben por medio de apoderado con poder especial para asistencia, con voz e voto, á xunta xeral de acredores convocada en méritos do expediente de suspensión de pagamentos ou o seu cesionario por endoso ou transferencia e co título xustificativo do seu crédito, se este non fose xustificado perante os interventores xudiciais, significándolles que non serán admitidos se non se cumpren tales requisitos, apercibíndoos de que se non comparecen recaerá sobre eles o prexuízo a que houbese lugar en dereito.

Prevénselles de que os documentos previstos no artigo 10, parágrafo 3º da vixente Lei de suspensións de pagamentos están ó dispor dos acredores ou os seus representantes na secretaría deste xulgado.

En aplicación do artigo 11 da citada lei, ata os 15 días do sinalado, para a celebración da xunta, pódense impugna-los créditos incluídos polo debedor na súa relación, así como pedi-la inclusión ou exclusión de créditos na relación dos que teñen dereito de abstención e os que menciona o artigo 22 da Lei do 26 de xullo de 1992, e pedir rectificación do seu crédito se estivese equivocada a cifra, utilizando para iso o procedemento establecido no referido artigo 11 da mencionada lei especial.

Dado en Padrón, 26 de xullo de 1999.

O secretario

Rubricado