Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 03 de setembro de 1999 Páx. 10.915

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO (97/1999).

Eu, Ramón Fernández Agra, secretario xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fago saber:

Que en virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de autorización de entrada número 97/1999, notifícase a Fernando Canzobre Pociña, o auto dictado neles, que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

Auto. Na Coruña, 28 de xaneiro de 1999.

Antecedentes de feito.

1. Mediante atento oficio dirixido a este Xulgado do Contencioso-Administrativo número un dos desta capital polo alcalde do concello desta capital solicitábase o outorgamento de autorización de entrada en domicilio co fin da execución forzosa de previo acto daquela Administración local.

2. En definitiva, mediante a dita solicitude solictábase autorización xudicial co fin de proceder ó desafiuzamento de Fernando Canzobre Pociña na medida en que reside ou alomenos actualmente ocupa aquel inmoble, sito na rúa Agra de San Amaro, número 12 desta capital, radicada esta como autos número 0097/1999 deste Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña.

3. En calquera caso, o exame do presente expediente determina que aquel referido inmoble aquí radicado foi declarado en estado de ruína, dictando outrora regulamentariamente aquela referida Administración local oportuno acto declarativo do dito extremo, constando en autos previos e oportunos informes técnicos ó respecto, téndoselle ademais notificado fidedignamente o dito extremo-así como o inherente de risco de derrubamento da cuberta daquel edificio, ó seu correspondente morador antes aludido, sen que desde logo este ata a data atendese requirimento ningún de desafiuzamento voluntario ó respecto.

Acórdase: autoriza-lo concello desta capital e conceder por ende os seus órganos competentes para o efecto a entrada naquel inmoble ocupado por Fernando Canzobre Pociña e sito en rúa Agra de San Amaro, número 12 da Coruña.

Notifíqueselle-la presente resolución ás correspondentes partes comparecidas para os seus oportunos efectos e signifiquéselles que sen prexuízo do seu carácter executorio esta non é firme en canto cabe eventual recurso de apelación nun só efecto ante este mesmo órgano xurisdicional unipersoal aquí radicado e para ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de quince días (15) contados a partir da data seguinte á súa correspondente notificación.

Así o acorda, manda e asina o maxistrado-xuíz titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un dos da Coruña, José Manuel Ramírez Sineiro.

E para que lle sirva de notificación ó demandado Fernando Canzobre Pociña, en paradoiro descoñecido, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Na Coruña o 2 de xullo de 1999.

Ramón Fernández Agra

Secretario