Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 03 de setembro de 1999 Páx. 10.914

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1999 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 98/077 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e realizados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que ha de resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 98/077 convocado por Resolución do 9 de decembro

de 1998 (BOE do 7 de xaneiro de 1999), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados a partir da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 6 de agosto de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: proxectos de enxeñería.

Praza nº: 98/077.

Comisión titular:

Presidente: Cano Fernández, Juan Luis, catedrático de universidade. Universidade de Zaragoza.

Secretario: Malo de Molina Justo, Luis Manuel, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Cádiz.

Vocais:

Glaria Galceran, Germán, catedrático de escola universitaria. Universidade Politécnica de Madrid.

Rodríguez Álvarez, Rafael Ignacio, profesor titular de escola universitaria. Universidade de León.

Santoro Laguna, Andrés, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Jaén.

Comisión suplente:

Presidente: Cos Castillo, Manuel de, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Secretario: González Benítez, Margarita, profesora titular de escola universitaria. Universidade Politécnica de Cataluña.

Vocais:

Ayuso Muñoz, Rafael, catedrático de escola universitaria. Universidade de Córdoba.

Guillén Torres, Jesús, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Zaragoza.

Gorostiaga Acha, Fermín, profesor titular de escola universitaria. Universidade Autónoma do País Vasco.