Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 03 de setembro de 1999 Páx. 10.916

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (64/1999).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido.

Fai saber: que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 64/1999-10 por instancia de Daniel Suárez Sánchez e Manuela Sánchez García contra Santiago Torres Cidranes, nas actuacións do cal se dictou sentencia; o seu encabezamento e parte dispositiva á letra din:

«Sentencia.

En nome de El-Rei.

En Santiago de Compostela o tres de xuño de mil novecentos noventa e nove.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia número 64/1999, no que actuaron como partes, como denunciantes Daniel Suárez Sánchez e Manuela Sánchez García e como denunciado Santiago Torres Cidranes. Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo a Santiago Torres Cidranes da falta que se lle imputaba con declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia poderán interpoñe-los interesados recurso de apelación para ante a audiencia provincial no prazo de cinco días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se expoñerán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas, expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse ter pedida a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, agás no caso de que se cometesen no momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización

poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Lévese testemuña literal ós autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e sirva de notificación a Santiago Torres Cidranes, expido e asino en Santiago de Compostela o nove de xullo de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado