Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 02 de setembro de 1999 Páx. 10.869

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (42/1999).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela, fago saber:

Que nos autos de xuízo de faltas que neste xulgado se seguen con número 42/1999, nos que figuran como

partes Ricardo López Lázaro, Andrés Ces Vilacoba e a compañía Ercos Seguros, sobre lesións en accidente de tráfico, recaeu auto do 3-6-1999 no que a súa parte dispositiva di literalmente:

«Declárase extinguida, por falecemento, a responsabilidade penal na presente causa, podendo exercerse, se é o caso, a pretensión civil. Suspéndese, en consecuencia, o xuízo de faltas que estaba sinalado para o próximo día 16 de xuño ás 10.30 horas, procedéndose a continuación ó arquivo das actuacións, logo do visto do Ministerio Fiscal e da notificación ás partes comparecidas, deixando nota nos libros correspondentes».

E para que lle sirva de notificación a Ricardo López Lázaro, o cal se atopa en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1999.

O secretario

Rubricado