Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 02 de setembro de 1999 Páx. 10.869

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (24/1999-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 24/1999-10, por instancia de David Rodríguez Otero, contra José Gregorio Dorta Morgado, e nas súas actuacións se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

Sentencia:

En nome da Súa Maxestade El-Rei,

En Santiago de Compostela, vintenove de abril de 1999.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instruc

ción número dous desta cidade, dictou esta resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia número 24/1999, no que actuaron como partes, como denunciante, David Rodríguez Otero e, como denunciado, José Gregorio Dorta Morgado.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo a José Gregorio Dorta Morgado da falta que se lle imputaba, con declaración de oficio das custas procesuais.

Contra esta sentencia os interesados poderán interpor recurso de apelación para ante a audiencia provincial, no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal no que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas, expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse terse pedido a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen en momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización, o recorrente poderá pedi-la práctica de probas que non puido propor en primeira instancia, das probas propostas que lle foran indebidamente denegadas, sempre

que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e lle sirva de notificación a José Gregorio Dorta Morgado, expido e asino en Santiago de Compostela, dezaseis de xullo de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado