Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 02 de setembro de 1999 Páx. 10.869

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4485/1999).

Por medio deste edicto faise saber que, en providencia dictada no día da data por esta sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, acordouse admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Juan Pedro Perreau Pinninck y Zalba, en nome e representación de Francisco Arturo Pichel Fernández, contra orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 23-4-1999, pola que se regula o exercicio do mergullo profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 90, do 12 de maio).

Recurso número 02/0004485/1999.

A publicación deste anuncio serviralles de emprazamento ás persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, vintedous de xullo de mil novecentos noventa e nove.

Vº e prace

O presidente

Rubricado

A secretaria

Rubricado