Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 02 de setembro de 1999 Páx. 10.870

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (92/1999).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico:

Que neste xulgado do meu cargo e baixo o nº 92/1999, se segue xuízo de faltas sobre coaccións ou ameazas, no que se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e decisión:

Sentencia:

En Santiago de Compostela, catorce de xullo de mil novecentos noventa e nove.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do seu partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 92/1999, seguidos por ameazas, nos que foron parte denunciante Roberto Castro Caneda e Rubén Aldrey Rábago, maiores de idade, no que aparece como parte denunciada José Ferreiro Nalgo e José Manuel Grandío Ascariz, maiores de idade. O Ministerio Fiscal non se mostrou parte.

Decido que debo absolver e absolvo a José Ferreiro Nalgo e José Manuel Grandío Ascariz, da falta inicialmente imputada, sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidadae civil e declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste para os efectos que procedan e para que lle sirva de notificación en forma a José Ferreiro

Nalgo e José Manuel Grandío Ascariz, en ignorado paradoiro, asino e selo este edicto en Santiago de Compostela, vintedous de xullo de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado