Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 30 de agosto de 1999 Páx. 10.729

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (59/1999).

Eu, Rafael Lozano Terrazas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido, dou fe de que nas dilixencias de xuízo de faltas número 59/1999, sobre furto, se dictou sentencia cunha decisión que é como segue:

«Que debo condenar e condeno a José Manuel Rodríguez Agrafojo, a David Francisco Sánchez Salgueiro e a José Javier Losada Ramallo, como autores dunha falta de furto á pena dun mes de multa a cada un a razón de duascentas pesetas diarias; tamén deberán indemnizar a Holger Frick na cantidade de corenta mil pesetas, así como paga-las custas procesuais ocasionadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, con indicación de que non é firme e de que poden interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ó da súa notificación, perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación ó denunciado, José Javier Losada Ramallo e ó denunciante Holger Frick, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Noia o dezanove de xullo de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado