Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 30 de agosto de 1999 Páx. 10.729

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (73/1999).

Eu, Fidel Jesús del Río Pardo, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia (A Coruña),

Fago saber que neste xulgado se segue expediente de dominio por instancia de María del Carmen Coto Pardo e José Luis García Núñez, representados polo procurador Francisco José Castro, sobre reanudación do tracto sucesivo do seguinte predio:

Urbano: bloque número sete, letra A. Casa vivenda de planta baixa, no lugar de Aguieira, parroquia de Nebra, municipio de Porto do Son, dunha superficie construída e cuberta de sesenta metros cadrados e de corenta metros cadrados de superficie para xardín. Estrema, pola súa fronte, noroeste, máis do predio matriz; esquerda, leste, máis do predio matriz; e logo a vivenda letra B) do bloque número seis, hoxe, propiedade de Salvador Serrano Gutiérrez; oeste, dereita, a vivenda letra B) deste bloque, parede medianeira en medio; e por detrás, suroeste, máis do predio matriz, e logo, Ramón Pouso.

Inscrición: predio nº 13.310, no folio 79 do libro 124 de Porto do Son, tomo 929 do arquivo.

A descrición actual do predio é a seguinte:

Bloque número sete, letra A. Casa vivenda de planta baixa, que ocupa unha superficie de setenta e dous metros cadrados, cun terreo unido para servicio dela, duns vinteoito metros cadrados, destinado a xardín. Todo iso, en conxunto, forma un só predio, e estrema: pola súa fronte, noroeste, máis do predio matriz, actualmente camiño público; oeste, pola dereita, entrando, con vivenda da letra B) deste bloque no seu día propiedade dos herdeiros de Victoria Cuevas e actualmente de propiedade de María Irene Loureiro García e Rodolfo Miguel Ángel Castelo González, parede medianeira no medio; leste, pola esquerda, máis do predio matriz, e logo a vivenda letra B) do bloque nº 6, de propiedade de Salvador Serrano Gutiérrez; e por detrás, suroeste, co predio denominado Uveira, actualmente de propiedade de María del Carmen Coto Pardo e José Luis García Núñez con carácter ganancial.

Por providencia do 4 de maio de 1999 admitiuse a trámite o expediente, ó ter cumpridos os requisitos legais, téndose acordado cita-lo anterior propietario e o actual titular rexistral do predio a que se refire este procedemento e as persoas ignoradas ás que poida prexudica-la inscrición solicitada, para que, dentro dos dez días seguintes poidan comparecer neste xulgado para alegaren o que ó seu dereito conveña.

Dado en Noia o 4 de maio de 1999.

Rubricado