Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 30 de agosto de 1999 Páx. 10.729

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (265/1997).

Eu, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ribeira, certifico:

Que nos autos que máis adiante se dirán recaeu sentencia que no encabezamento e decisión di:

«Sentencia: en Ribeira, 14 de xullo de 1999. Ana López-Suevos Fraguela, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira dictou esta resolución nos autos de xuízo de faltas nº 265/1997, seguidos por este xulgado, sendo denunciante o Ministerio Fiscal, ofendida e prexudicada Lucía Manuela Domínguez Sampedro, e denunciado José Manuel Pérez Lorenzo.

Decido que debo absolver e absolvo a José Manuel Pérez Lorenzo da falta de malos tratos do artigo 617.2º CP e de danos do artigo 625 que se lle imputa. As custas impóñense de oficio. Contra esta sentencia pode interpoñerse recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, por escrito e perante este xulgado. Inscríbase no libro de rexistro deste xulgado. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a José Manuel Pérez Lorenzo, expido e asino o presente edicto.

Ribeira, 16 de xullo de 1999.

O secretario

Rubricado