Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 26 de agosto de 1999 Páx. 10.639

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO (40/1999-A).

José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa (A Coruña).

Dou fe e testemuña que nos autos de xuízo de faltas número 40/1999, tramitados por unha suposta falta de ameazas, dictouse a sentencia que ten como encabezado e decisión o teor seguinte:

Sentencia en Arzúa o vintetrés de abril de mil novecentos noventa e nove.

A xuíza Eva María Doval Lorente, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción desta vila e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo de faltas número 40/1999-A, no que son parte o Ministerio Fiscal en representación da acción pública e, como denunciante, José Manuel Mejuto Paredes, maior de idade, veciño de Favila 1-Piedras Blancas (Asturias), como denunciado José Ángel Carballal Castro, maior de idade, veciño de Enfermería, 8, Meira (Lugo).

Decido que debo absolver e absolvo a José Ángel Carballal Castro, da falta que se lle imputaba, declarando de oficio as custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ó Ministerio Fiscal e ás partes intervenientes nel.

A presente sentencia non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, a cal deberá ser formulada por escrito e debidamente fundamentada.

Así, por esta miña sentencia, xulgando en primeira instancia, e da que se unirá certificación literal ós autos, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma ó denunciado, José Ángel Carballal Castro, na actualidade en ignorado paradoiro, expido, selo e asino o presente edicto en Arzúa o oito de xullo de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado