Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 26 de agosto de 1999 Páx. 10.640

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO (277/1998).

Eu, José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa (A Coruña), dou fe de que neste xulgado se seguen autos de xuízo de faltas número 277/1998, por unha falta contra a orde pública, contra Óscar Fernández Pérez e outro, estando convocada a vista dos presentes autos para o vindeiro día dezanove de outubro ás dez horas, na sala de audiencia deste xulgado de Arzúa, sito na rúa Lugo nº 45 e 47.

E para que así conste e lle sirva de citación en legal forma e baixo os apercibimentos legais ó denunciado Óscar Fernández Pérez, na actualidade en ignorado paradoiro, expido, selo e asino este edicto en Arzúa o quince de xullo de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado